Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Canle ética e de denuncias

Implementamos un modelo de CANAL ÉTICO e de DENUCIAS co que se prentende a difusión interna e externa de ética positiva empresarial ou corporativa.

CITEXVI aspira a que a súa conduta e a das partes interesadas responda e se adapte, ademais de á lexislación vixente, ao seu sistema normativo de goberno corporativo e cumprimento, e aos principios de ética empresarial, así como de responsabilidade social corporativa.

Por esta razón, está vixente, desde decembro de 2019, o noso Código Ético e de Prácticas Responsables, no que se recollen as normas éticas polas que esta organización faise responsable, e ademais guía as súas relacións con clientes e provedores.

Doutra banda, desde decembro de 2022 e de conformidade coa normativa legal en vigor, CITEXVI conta cun Protocolo para a Prevención e Actuación en Casos de Acoso Laboral, co fin de evitar situacións de acoso psicolóxico e/ou acoso sexual ou por razón de xénero e outros tipos de violencia no ámbito laboral, deixando claro que non se vai permitir nin tolerar acoso algún dentro das instalacións.

Así, para que as partes interesadas poidan denunciar comportamentos, accións ou omisións que poden constituír infraccións de normas internas, do Código Ético, de situacións de calquera tipo de acoso ou de políticas aplicables a CITEXVI, ademais daqueles feitos que poidan ser constitutivos dunha infracción, CITEXVI conta cun instrumento para que os seus membros ou as partes interesadas poidan denunciar este tipo de infraccións a través dunha Canle de Denuncias.

Esta Canle está adaptada á lexislación vixente, sendo xestionado por un Oficial de Cumprimiento Externo, que ten acceso á conta de correo e a unha caixa de correos física que se habilitou específicamente para tal fin e que se encargará de xestionar de maneira confidencial a información que poida recibir por estes medios:

canaldedenuncias@citexvi.es

Caixa de correos física: Edificio CITEXVI, R/ Fonte das Abelleiras, s/n – Campus Universitario 36310 – Vigo

Documentos


  • Inicio
  • Citexvi
  • Canle ética e de denuncias