Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

RSC

CITEXVI contribúe de xeito eficaz ao desenvolvemento de Galicia e dos seus sectores estratéxicos.

En consonancia co seu modelo de desenvolvemento de iniciativas, e como consecuencia lóxica deste, CITEXVI contribúe de forma efectiva ao desenvolvemento de Galicia e os seus sectores estratéxicos: telecomunicacións, tecnoloxías da información, enerxías e medio, ciencias mariñas, biomedicina e tecnoloxías agroalimentarias.

A creación de emprego cualificado, por parte das entidades aloxadas, froito da promoción da cultura de innovación, redunda na mellora do nivel de vida da sociedade, na dinamización dos sectores empresariais, atracción de investimentos, creación de empresas, novas patentes, aumento do investimento en I+D e na sostibilidade social, económica e ambiental.

O seu compromiso co medio está sustentado na propia definición do proxecto construtivo e responde á estratexia de implantación de enerxías renovables nunha dobre actuación. O deseño do edificio respecta criterios de máxima calidade ambiental, coa súa instalación fotovoltaica de conexión á rede que vai integrada na cuberta do edificio e co seu sistema de captación de enerxía xeotérmica, que permite alcanzar uns rendementos beneficiosos e un aforro no consumo eléctrico fronte a sistemas convencionais.

Ambas as dúas actuacións permiten que CITEXVI non só presente un balance enerxético cero senón tamén que contribúa ao sistema enerxético de xeración de enerxía renovables.