Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

Benvidos a Cidade Tecnolóxica de Vigo

CITEXVI é unha área na que se desenvolve unha estreita cooperación entre o mundo empresarial e a Universidade de Vigo

Presentación

Enclave para a revitalización
do coñecemento

CIDADE TECNOLÓXICA DE VIGO S.A. (CITEXVI) é unha sociedade anónima de dereito privado enfocada a promoción e impulsar actividades de I + D + i. Fundada en 2006, o proxecto foi liderado pola Universidade de Vigo co obxectivo de promover o intercambio tecnolóxico entre esta institución e a empresa e conta coa participación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e ABANCA, incorporándose á Xunta de Galicia antes de rematar ese mesmo ano. O capital social é aportado polos catro socios a partes iguais, a presidencia da Sociedade recae no rector da Universidade de Vigo.

CITEXVI é a denominación escollida para o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo.

Ampliar
Criterios

Cómo instalarse

CITEXVI admite, en xeral, a todas aquelas iniciativas que leven a cabo actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, sendo prioritarias aquelas que están vinculadas á situación, perspectivas e necesidades das novas tecnoloxías en Galicia, en xeral, e en Vigo, en particular.

Saber más
CITEXVI acogió la primera edición de la feria "Shape Future Galicia"

CITEXVI acogió la primera edición de la feria "Shape Future Galicia"

La Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines (AGMMA) fue su impulsora
Unha ferramenta baseada en IA ofrece un mapa de recursos para aproveitar os subprodutos alimentarios e impulsar a economía circular

Unha ferramenta baseada en IA ofrece un mapa de recursos para aproveitar os subprodutos alimentarios e impulsar a economía circular

No marco do proxecto transfronteirizo Bio_Transfer_GNP, liderado polo centro de investigación interuniversitario Ecobas, o campus de Ourense acolleu este mércores o lanzamento dunha ferramenta baseada en intelixencia artificial que permite identificar recursos e oportunidades para impulsar a economía circular a partir dos subprodutos da cadea de valor alimentaria da eurorrexión Galicia-norte de Portugal. 


A UVigo acolle unha xuntanza internacional do consorcio Edufusion NSG para impulsar a transformación da educación superior en Kazakhstán

A UVigo acolle unha xuntanza internacional do consorcio Edufusion NSG para impulsar a transformación da educación superior en Kazakhstán

A Universidade de Vigo acolle esta semana a segunda reunión do consorcio internacional Edufusion NSG (Edu-Fusion Network for Sustainable Growth), un proxecto financiado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+ orientado á transformación estrutural e á modernización do sistema de educación superior de Kazakhstán.


Campus Crea e Post-Growth Innovation Lab estenderán a súa actividade ao Centro Internacional de Creatividade de Pontevedra

Campus Crea e Post-Growth Innovation Lab estenderán a súa actividade ao Centro Internacional de Creatividade de Pontevedra

O grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo contará cun espazo, destinado principalmente a labores de transferencia, no Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo do Concello de Pontevedra. Ao mesmo tempo, o goberno local e a institución académica atópanse traballando para que o Campus Crea poida contar con espazos neste edificio.


CES UVigo volve poñer rumbo á competición co trimarán solar Boeiro I

CES UVigo volve poñer rumbo á competición co trimarán solar Boeiro I

Volver á competición, poñer a punto o Boeiro I e seguir facendo medrar o equipo. Estes son os tres retos cos que a asociación de estudantes CES UVigo afronta o novo curso, despois dun período no que centrou boa parte dos seus esforzos no traballo interno e, especialmente, no desenvolvemento dunha maqueta a escala do seu trimarán solar, o Boeiro I.

 


Empresas

Empresas Asociadas

  • ITG Centro Tecnológico
  • IMATIA INNOVATION, S.L.
  • CENTUM research & technology, S.L.
  • LABORATORIO EUROPEO DE REFERENCIA DE BIOTOXINAS MARINAS - AESAN
  • INSITU
  • codelab17
  • NORTHDESKS
  • NUFOG
  • GBTEC Software, S.L.
  • MAPAS lab
  • DIGITALIZAT SOLUTIONS S.L.
  • SCIENCE AND BUSINESS, S.L.
  • EGATEL, S.L.
  • QOPHI