Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Lugar de encontro

O noso obxectivo é atraer axentes que favorezan o desenvolvemento tecnolóxico e creen un ecosistema multilateral de innovación.

CITEXVI nace para servir de plataforma de cooperación entre o mundo empresarial e a Universidade de Vigo en iniciativas dedicadas a I+D+i. O seu obxectivo é atraer actores que favorezan o desenvolvemento tecnolóxico e crear un ecosistema multilateral de innovación segundo un modelo de tripla hélice como estratexia de desenvolvemento local.

Este obxectivo concrétase acollendo e desenvolvendo plataformas de investigación a través da presenza física en CITEXVI de sedes, centros e laboratorios de I+D de empresas, centros tecnolóxicos de colaboración público-privada, laboratorios de investigación ligados a proxectos empresariais, ademais de spin off universitarios, aos que se presta servizos nas fases de preincubación e incubación.

As instalacións do edificio CITEXVI perfílanse como idóneas para materializar todo este tipo de iniciativas mixtas de cooperación e colaboración nos ámbitos de investigación, desenvolvemento e innovación, fomentar o concerto de contratos de investigación e desenvolvemento e potenciar a formación e experiencia profesional nas empresas dos mozos titulados universitarios.

A Universidade de Vigo creceu notablemente nos últimos anos impulsando, de forma parella, o seu enorme potencial investigador fortemente orientado aos ámbitos científico e tecnolóxico. Boa proba diso é que na actualidade conta con máis de 260 grupos investigadores rexistrados -deles 30 están cualificados como grupos de excelencia-, nos que se agrupan 1.628 investigadores. O feito de que na Uvigo destaquen titulacións vinculadas coa tecnoloxía, como as Enxeñarías, Ciencias do Mar, Química...permiten dispoñerdun gran potencial de man de obra especializada.

Esta firme aposta da Universidade de Vigo pola tecnoloxía vese avalada tamén pola presenza no propio campus de Lagoas Marcosende de importantes infraestruturas de apoio á investigación entre as que destacan o Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI), o Edificio Fundición, reconvertido para albergar laboratorios de investigación do ámbito tecnolóxico ou o Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrié de la Mazaa.

  • Lugar de encuentro
  • Lugar de encuentro
  • Lugar de encuentro
  • Lugar de encuentro

  • Inicio
  • Citexvi
  • Lugar de encontro