Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Cómo instalarse

A entidade que solicita a admisión para instalarse en CITEXVI deberá acreditar a súa participación no desenvolvemento dunha actividade regular de I + D + i

Os nosos criterios

CITEXVI admite, con carácter xeral, a todas aquelas iniciativas que desenvolven actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, sendo actividades prioritarias aquelas que están vinculadas coa situación, perspectivas e necesidades das novas tecnoloxías en Galicia, en xeral, e en Vigo, en particular. Polo tanto, a entidade que solicita a admisión para instalarse en CITEXVI debe acreditar a súa participación en programas públicos de I+D+i ou o desenvolvemento dunha actividade habitual de I+D+i. Neste sentido, establecéronse os seguintes criterios para a implantación das entidades no edificio CITEXVI: o potencial científico, técnico e innovador da iniciativa, a súa viabilidade técnica e económica e a súa contribución á imaxe de CITEXVI como polo de tecnoloxía avanzada.

As institucións susceptibles de instalación e/ou adhesión clasifícanse nas seguintes categorías:

  • Universidade. Pódense adherir a CITEXVI as unidades de investigación dos centros adscritos ás universidades e/ou as súas oficinas de transferencia de resultados de investigación.
  • Organismos públicos e privados de investigación e Centros Tecnolóxicos con personalidade xurídica propia.
  • Organismos xestores de programas de I+D+i con financiación pública.
  • Institucións, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que dispoñan de importantes contidos relevantes para a comunidade científico-técnica e que os poñan á súa disposición.
  • Empresas. Entidades con personalidade xurídica propia que desenvolvan unha actividade mercantil, sempre e cando as instalacións a situar en CITEXVI inclúan o desenvolvemento de actividades de I+D+i ou de apoio directo a estas.
 CITEXVI
CITEXVI