Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Contratación de servizos

CITEXVI ofrece asesoramento técnico a todas as iniciativas instaladas no seu centro que comezan no momento da súa implementación.

CITEXVI ofrece ás entidades instaladas a posibilidade de dispoñer, en condicións económicas moi favorables, dunha serie de servizos que abranguen todas as áreas de desenvolvemento da actividade de calquera iniciativa instalada.

As empresas integradas neste complexo tecnolóxico dispoñen, polo tanto, dunha inmellorable dotación de servizos en continua evolución e modernización, que abranguen dende a seguridade, as telecomunicacións, ou os servizos de Internet, así como outros de valor engadido como asesoramento en eventos de promoción, formación, etc., que se financian, en parte, co pagamento dun canon alcanzable.

Ademais CITEXVI dispón de modernas instalacións para a organización de xornadas ou eventos tecnolóxicos. Conta con amplas salas de reunións multifuncionais equipadas con tecnoloxía de última xeración e adecuadas para celebrar seminarios, conferencias, cursos de formación ou reunións.

CITEXVI ofrece unha ampla gama de servizos entre os que se poden destacar os seguintes:

Inmobiliarios/infraestrutura

Servizos de aloxamento e xestión da propiedade, comunicacións, utilities, mantemento, seguridade, etc.

Intermediación

CITEXVI actúa como organismo intermedio entre empresas e a Universidade de Vigo, co fin de facilitar a contratación de servizos e equipamentos universitarios para entes privados.

Acompañamento

Ofrece servizos que facilitan as relacións e/ou defensa institucional das necesidades e intereses colectivos dos seus membros fronte ás propias universidades e as administracións públicas competentes, financiamento, infraestruturas, atracción empresas, etc.

Profesionais

Facilítase a prestación de servizos profesionais de consultoría e/ou de xestión, propios ou de terceiros, en proxectos relacionados con:

  • A xestión das empresas aloxadas (estratexia, mercadotecnia/comercial, comunicación, RRHH, legal/mercantil).
  • A participación en convocatorias nacionais e europeas de apoio ao I+D+i (elaboración de propostas de participación en programas estruturais e proxectos de I+D, busca de socios para proxectos, etc.)
  • A determinación da propiedade intelectual e os mecanismos de explotación dos resultados.
  • Comunicación interna e institucional: servizos de intercambio de experiencias e competencias con membros da comunidade e doutras comunidades externas, presentación de grupos de investigación e actividades universitarias, implantación de ferramentas de soporte á comunicación interna, etc.
  • Financeiros: facilítase a comunicación e a relación coas administracións públicas e institucións financeiras en materia de financiamento, especialmente para a negociación de fontes de financiamento específicas (axudas) e de condicións preferentes en materia de redución de garantías e tipos de interese.

  • Inicio
  • Citexvi
  • Contratación de servizos