Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Compliance

Implementamos un modelo de COMPLIANCE co que se prentende a difusión interna e externa de ética positiva empresarial ou corporativa.

O Consello da Administración de Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. (CITEXVI) aprobou en marzo do 2019 a implantación dun modelo de prevención de riscos penais (COMPLIANCE), co obxectivo principal de mellorar a xestión e garantir a conformidade de todos os procesos e operacións que se desenvolven en CITEXVI de acordo coas leis.

CITEXVI implementou un modelo de COMPLIANCE co que se pretende a difusión interna e externa de ética empresarial ou corporativa positiva e que tamén se reforzará cun sistema de cumprimento eficaz que mostre unha imaxe transparente. Queremos cumprir a lei dun xeito eficiente e eficaz na detección, prevención e evitación de condutas delituosas contrarias ao Código Ético da organización.

No proceso de implementación deste sistema de xestión do cumprimento, debe haber unha canle transparente e confidencial a través da cal CITEXVI reciba e xestiona consultas sobre a aplicación e interpretación do seu Código Ético e información e comunicacións sobre posibles riscos e incumprimentos.

Así, e co fin de lograr unha mellora continua dos procesos internos de xestión e control de condutas ilegais ou condutas contrarias á cultura ética CITEXVI , creouse unha canle de reclamacións, a través dunha conta de correo electrónicona que o Oficial de Cumprimento Externo recibe e xestiona as mesmas, co que se xera confianza aos posibles usuarios:

canaldedenuncias@citexvi.es