Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Situación

CIDADE TECNOLÓXICA DE VIGO S.A. (CITEXVI) está situado no Campus da Universidade de Vigo, en Lagoas-Marcosende, a 15 quilómetros do centro de Vigo, coa que conecta a través de distintas vías de alta capacidade. A dez quilómetros do aeroporto de Vigo e da autoestrada do Atlántico AP-9.

Ademais, CITEXVI atópase a catro quilómetros do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, área empresarial industrial e tecnolóxica que agrupa na actualidade a máis de 70 empresas pertencentes, na súa maior parte, aos sectores da automoción, a loxísticaou o téxtil, e dende o que se promovensolucións de I+D+i e loxísticas.

O campus e, polo tanto, CITEXVI está integrado na rede de transporte urbano da área metropolitana de Vigo e conectado co centro da cidade, a estación de tren e de autobús.

Rodeado de natureza, o lugar no que se sitúa CITEXVI é tamén un referente de calidade arquitectónica e estética que acolle a obra de notables arquitectos como Enric Miralles e Benedetta Tagliabue (Praza Miralles), César Portela (Cidade Universitaria) e Alfonso Penela (o propio edificio CITEXVI).