Citexvi

Acceso a área privada

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder a tua área privada en CITEXVI.

CITEXVI

Presentación

CITEXVI é unha área na que se desenvolve unha estreita cooperación entre o mundo empresarial e a Universidade de Vigo.

Instalaciones CITEXVI
Instalaciones CITEXVI
CIDADE TECNOLÓXICA DE VIGO S.A. (CITEXVI) é unha sociedade anónima de dereito privado centrada na promoción e impulso de actividades de I+D+ i.

Constituída en 2006, o proxecto, que hoxe é referente en Galicia, foi liderado pola Universidade de Vigo co obxectivo de promover o intercambio tecnolóxico entre esta institución e a empresa e conta coa participación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e Novacaixagalicia, sumándose a Xunta de Galicia antes de finalizar ese mesmo ano. O capital social Ù achegado polos catro socios a partes iguais, recaendo a presidencia da Sociedade no reitor da Universidade de Vigo.

O obxectivo de CITEXVI é apoiar, dar solucións e servir de instrumento á comunidade científica e tecnolóxica da Universidade en proxectos de I+D+i así como ser un polo de atracción neste ámbito para o sector empresarial. O eixe central da súa actuación é fomentar a relación entre as empresas e a Universidade, así como desenvolver novos modelos estratéxicos de transferencia en tecnoloxía.

Ademais, é un enclave para a dinamización da tecnoloxía, a creación de centros mixtos universidade-empresa e a incorporación das empresas cosseus centros de I+D+i ao campus, ademais de mobilizar recursos públicos e privados tanto rexionais, nacionais como europeos.

CITEXVI é a denominación escollida para o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo.


  • Inicio
  • Citexvi
  • Presentación