Citexvi

Acceso al área privada

Introduce tu usuario y contraseña para acceder a tu área privada en CITEXVI.

Cidade Tecnolóxica de Vigo S.A. (CITEXVI)


CITEXVI MELLORA OS SERVIZOS QUE PRESTA COA AXUDA DO INEGA.

O aparcadoiro interior do Edificio CITEXVI conta con dous puntos de recarga para vehículos eléctricos.
O Edificio CITEXVI ten unha zona de aparcadoiro baixo planta que está restrinxido aos seus clientes, as visitas e a outro persoal relacionado coa súa actividade. Ofrece 70 prazas ás que se accede a través dunhas barreiras de acceso.

Segundo o artigo 4 do Real Decreto-ley 29/2021, a partir do 1 de xaneiro de 2023, os edificios de uso distinto ó residencial privado que ofrezan máis de 20 prazas, deben dispor dunha estación de recarga de vehículos eléctricos por cada 40 prazas.

Para cumprir con esta normativa e ó mesmo tempo ampliar a oferta dos seus servizos, CITEXVI solicitou ó Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) unha axuda dentro do Programa Estatal de Incentivos á Mobilidade Eléctrica (programa MOVES III) para a instalación de dous puntos de recarga de vehículo eléctrico no seu aparcadoiro.

Antes da súa instalación e debido a demanda enerxética de estes puntos de recarga, foi necesario realizar unha acometida eléctrica desde o cadro xeral do edificio CITEXVI a un secundario que se localizou na zona do aparcadoiro onde se instalaron os dous puntos de recarga. Do mesmo xeito, e para facilitar a súa conectividade foi preciso habilitar unha liña de datos.

Os dous puntos instalados son de recarga tipo semirrápido, de montaxe en parede cunha potencia de 7,4 a 22 kW, medidor de enerxía integrado, capacidade de telexestión e monitorización, con display e lector de tarxetas RFID

Con estas medidas, CITEXVI da man do INEGA pretende continuar na busca da sustentabilidade e a mellora da mobilidade para os usuarios das súas instalacións.

Imágenes

  • IMG-20230512-WA0002.jpg
  • Foto.jpg