Citexvi

Acceso al área privada

Introduce tu usuario y contraseña para acceder a tu área privada en CITEXVI.

Cidade Tecnolóxica de Vigo S.A. (CITEXVI)


CITEXVI MELLORA A SÚA EFICIENCIA ENERXÉTICA COA AXUDA DO INEGA.

A iluminación nas entidades instaladas no Edificio CITEXVI faise dende agora coa tecnoloxía LED no marco do Programa Bono Enerxía Peme 2023
Un menor consumo enerxético, unha superior vida media útil e unha postura máis respectuosa co medio ambiente, son algunhas das vantaxes que supón o emprego da tecnoloxía LED fronte á tradicional fonte de iluminación fluorescente.

CITEXVI, co apoio do INEGA a través da liña Bono Enerxía Peme, segue a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións do seu Edificio, e nesta liña ven de substituír 1.000 unidades dos tubos nos locais das entidades aloxadas por tubos LED, o que implica a eliminación das reactancias, conseguindo reducir en grande medida o seu consumo enerxético en algo máis de 99.000 kW nun ano.

Este cambio tamén levou consigo a actualización dos 100 equipos de iluminación de emerxencia cos que contan os locais das entidades emprazadas no Edificio CITEXVI, propiciando a redución e a eficiencia no consumo de enerxía.

O emprego da tecnoloxía LED supón dispoñer de produtos que non conteñen gases tóxicos e permite minorar as emisións de CO2.

Nos vindeiros meses ampliarase o uso desta tecnoloxía o resto dos elementos de iluminación do Edificio, que xa a día de hoxe dispoñen de elementos de xestión eficientes.

Con estas medidas, CITEXVI da man do INEGA pretende continuar na busca do benestar e seguridade dos usuarios das súas instalacións.

Imágenes

  • Foto.jpg