Citexvi

Acceso al área privada

Introduce tu usuario y contraseña para acceder a tu área privada en CITEXVI.

Cidade Tecnolóxica de Vigo S.A. (CITEXVI)


Presentación en CITEXVI do Programa IGNICIA - Proba Concepto

Participaron representantes da Universidade, Fundacións galegas sen ánimo de lucro e Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica.
Organizada por GAIN e a OTRI da Universidade de Vigo, celebrouse en CITEXVI a presentación do Programa IGNICIA ? Proba Concepto. O programa ten como finalidade poñer en valor e apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais da investigación xerada polos investigadores galegos. É un fondo de proba de concepto baseado no éxito da metodoloxía creada e desenvolvida pola Fundación Barrié.

Nace cos seguintes obxectivos:
* Facilitar a transferencia de resultados de investigación ao mercado.
* Acelerar e aumentar os éxitos nos procesos de transferencia tecnolóxica.
* Detectar tempranamente proxectos con potencial innovador e de mercado.
* Apoiar o cambio cultural no ámbito científico.
* Contribuír á rendabilización económica e social do investimento público en investigación.

A metodoloxía recolle a experiencia levada a cabo durante os cinco últimos anos pola Fundación Barrié a través do seu Fondo de Ciencia, do que xa naceron iniciativas de éxito. A partir deste ano, a Xunta asume a xestión desta iniciativa, e a Barrié continuará achegando o seu coñecemento e experiencia adquirida.

Os beneficiarios son organismos de Investigación (públicos e privados) en Galicia: Universidades a través das OTRIS, Fundacións sen ánimo de lucro (incluídas as de Investigación Sanitaria), Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica, Centros en Galicia do CSIC e Centros en Galicia do IEO.

Este Programa IGNICIA estrutúrase en varias fases: na primeira os proxectos de investigación presentados recibirán asesoramento e serán avaliados por expertos nacionais e internacionais recibindo información e recomendacións sobre o estado de madurez tecnolóxica do proxecto, o que permitirá o acceso de aqueles finalmente seleccionados á fase de investimento. Nesta segunda e de acordo co establecido no plan de desenvolvemento e comercialización dos proxectos seleccionados, o Comité de Investimentos propoñerá contribuír ao financiamento dos proxectos a través dunha aportación patrimonial onerosa. A última fase é a de Seguimento.

Imágenes

  • IGNICIA.jpg
  • 006.JPG