ENTRAR ÁREA PRIVADA

NOTICIAS Y ACTUALIDAD

//: noticias / noticias

Noticias y actualidad relacionada con Citexvi y su entorno


Celebrarase no Mosteiro de San Xoán de Poio entre o 6 e 8 de xuño

O I Congreso de Historia do Turismo achegará novos datos sobre os inicios deste sector en España

Coordinado por Rafael Vallejo e Carlos Larrinaga, centra a súa análise nas primeiras décadas do século XX


Un estudo sobre a evolución e as características das axencias de viaxes do primeiro terzo do século XX, estatísticas sobre a demanda turística ou datos comparativos da situación na que se atopaba a industria turística en España e noutros países nas primeiras décadas do pasado século. Estes son algúns dos novos datos que permitirán afondar en como nestes anos se produciu a conformación dunha industria turística en España no I Congreso de Historia do Turismo, que se desenvolverá no Mosteiro de San Xoán de Poio entre o 6 e o 8 de xuño, baixo a coordinación dos profesores Rafael Vallejo e Carlos Larrinaga.


Eduardo Muñiz | Pontevedra
Un estudo sobre a evolución e as características das axencias de viaxes do primeiro terzo do século XX, estatísticas sobre a demanda turística ou datos comparativos da situación na que se atopaba a industria turística en España e noutros países nas primeiras décadas do pasado século. Estes son algúns dos novos datos que permitirán afondar en como nestes anos se produciu a conformación dunha industria turística en España no I Congreso de Historia do Turismo (https://congresohistoriadelturismo.wordpress.com/), que se desenvolverá no Mosteiro de San Xoán de Poio entre o 6 e o 8 de xuño. Coordinado polo profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Rafael Vallejo e polo investigador da Universidad de Granada, Rafael Larrinaga, este congreso contará coa participación de 24 especialistas en diferentes disciplinas co propósito de afondar no período no que se conforma o modelo turístico español.

O congreso, que mantén aberto o seu período de inscrición, de carácter gratuíto, insírese nun proxecto de investigación do grupo Turhis, coordinado por Larrinaga e financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad, dirixido a analizar a historia do turismo en España ao longo do pasado século, do que forma parte á súa vez o proxecto coordinado por Vallejo para a elaboración da primeira historia do turismo en Galicia. “Trátase dun congreso innovador desde o punto de vista metodolóxico”, salienta este investigador dunhas xornadas nas que os investigadores e investigadoras inseridos neste proxecto presentarán estudos realizados a partires do uso da prensa como fonte para a obtención de datos estatísticos do sector, que posteriormente serán recollidos, xunto coas achegas dos diferentes relatores e relatoras, nunha publicación que, sinala Vallejo, vai achegar “novas perspectivas e temas e investigar a partires destas novas metodoloxías”.

24 especialistas para un enfoque multidisciplinar
Expertos e expertas en historia, economía, xeografía, antropoloxía ou arquitectura protagonizan o programa de conferencias dun congreso que conta coa colaboración da agrupación estratéxica Ecobas e do grupo Ecosot da Universidade e que busca abordar o fenómeno turístico desde unha óptica multidisciplinar. Entre os relatores, figuran expertos e expertas de diferentes universidades españolas, aos que suman tamén investigadores como a filóloga Kirsty Hooper, da universidade británica de Warwick, “especialista nas relacións culturais hispano-británicas” ou o hispanista Sasha Pack, da State University of New York.

Volver

Fuente: DUVI